viernes, 25 de julio de 2014

Recomendación de la semana: "A cousa que mais doe do mundo"


A cousa que máis doe do mundo

Paco Liván & Roger Olmos

| 978-84-9871-472-2

36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |

outubro 2013 - Reedición



A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, 

sobre asuntos cotiáns. «A mentira

 é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a 

hiena bota a rir. Para demostrarllo,

 a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi 

especial que vai provocar a 

cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, 

expertas en ca...case todo tipo de 

cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de 

semellante obra.


A hipótese que formula a lebre, «o que máis doe do mundo 

é a mentira», ficará demostrada 

nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, 

ademais dalgunha gargallada, a 

reflexión e unha resposta emocional.

Durante séculos, en moitos poboados de África, os contos 

cumprían unha función similar a 

dunha primeira escola. Segundo a súa orixe, as historias 

posúen un estilo propio, e os 

contos tradicionais africanos caracterízanse por 

presentaren 

un contido simbólico, e por 

atesouraren coñecementos e sabedoría ancestral. Adoito, 

se expoñen neles meditacións 

cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, se lembran valores 

esquecidos, ou como neste 

caso, se trata de educar os individuos transmitíndolles 

unha 

ensinanza.



A hiena, que encarna aquí o carácter hipócrita e ruín 

dalgúns seres humanos, experimentará 

na súa pel o amargo sabor da mentira.


O ilustrador Roger Olmos complementa este divertido 

exercicio de escritura con personaxes 

expresivos, hiperbólicos e cargados de humor. Trazo 

preciso e seguro, é canto necesita 

para nos presentar a súa visión persoal dunha historia que, 

nos aproxima á palabra, ao 

pensamento e á herdanza cultural de Costa do Marfil. 


Texto de Paco Liván, a partir dun conto popular


de Costa do Marfil


Ilustracións de Roger Olmos
http://www.oqo.es/editora/themes/oqo/imgs/punto.gif
 + 3 anos
http://www.oqo.es/editora/themes/oqo/imgs/punto.gif 
Tamén dispoñible en: ES | PT | EU





































No hay comentarios:

Publicar un comentario