A cousa que máis doe do mundo
|
Paco Liván & Roger Olmos
| 978-84-9871-472-2
36 páxs. | cartoné | 25x23 cm |
outubro 2013 - Reedición
|
A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca,
sobre asuntos cotiáns. «A mentira
é a cousa que máis doe do
mundo», di a lebre; e a
hiena bota a rir. Para demostrarllo,
a lebre
elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi
especial que vai
provocar a
cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas,
expertas en
ca...case todo tipo de
cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de
semellante obra.
A hipótese que formula a lebre, «o que máis doe do mundo
é a mentira», ficará
demostrada
nun relato fantástico e divertido que provocará no lector,
ademais
dalgunha gargallada, a
reflexión e unha resposta emocional.
Durante séculos, en moitos poboados de África, os contos
cumprían unha
función similar a
dunha primeira escola. Segundo a súa orixe, as historias
posúen un estilo propio, e os
contos tradicionais africanos caracterízanse
por
presentaren
un contido simbólico, e por
atesouraren coñecementos e
sabedoría ancestral. Adoito,
se expoñen neles meditacións
cosmolóxicas e
filosóficas sobre a vida, se lembran valores
esquecidos, ou como neste
caso,
se trata de educar os individuos transmitíndolles
unha
ensinanza.
A hiena, que encarna aquí o carácter hipócrita e ruín
dalgúns seres humanos,
experimentará
na súa pel o amargo sabor da mentira.
O ilustrador Roger Olmos complementa este divertido
exercicio de escritura
con personaxes
expresivos, hiperbólicos e cargados de humor. Trazo
preciso e
seguro, é canto necesita
para nos presentar a súa visión persoal dunha
historia que,
nos aproxima á palabra, ao
pensamento e á herdanza cultural de
Costa do Marfil.
Texto de Paco Liván, a partir dun conto
popular
de Costa do Marfil
Ilustracións de Roger Olmos |
![]()
+ 3 anos
![]()
Tamén dispoñible en: ES | PT | EU
|
viernes, 25 de julio de 2014
Recomendación de la semana: "A cousa que mais doe do mundo"
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario